SESIÓN GRUPAL: BOLSAS FEUGA: A TÚA PORTA AO MUNDO LABORAL
Necesitas experiencia para traballar pero necesitas traballar para ter experiencia? Esta é a túa sesión. O 25 de marzo ás 12:00 h conectaremos coa FEUGA para descubrir como poden axudarche no teu primeiro contacto co mundo profesional, ofrecéndoche prácticas e formación adaptada ao teu perfil.
SESIÓN GRUPAL: APRENDE A APUNTARTE ÁS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Queres inscribirte nas listaxes de contratación da Xunta e non sabes como? Esta sesión é para ti. O 17 de marzo ás 12:00 horas as oficinas de emprego da Cañiza, na aula CeMIT, de Cambados e de Ourense Centro impartirán unha sesión práctica para aprender a facer a inscrición paso a paso. Ti podes facelo.
Consulta a relación de postos de traballo promovidos polos concellos no ámbito deste Programa de fomento de emprego no medio rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
PIDE CITA PARA PARTICIPAR NAS SESIÓNS GRUPAIS DE EMPREGO
No 2026 continúan a organizarse diferentes sesións grupais nas oficinas de emprego para aumentar os teus coñecementos e habilidades para afrontar un proceso de busca de emprego ou recibir información sobre oportunidades de emprego en sectores ou empresas.Esperámosche!
Accede a toda a información sobre os programas de formación en alternancia con práctica profesional para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
PREPÁRATE PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO
Tes a túa disposición 8 cursos en liña en modo autoformación para preparar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Aproveita a oportunidade!