Mancomún
Podcast
Mancomún Podcast

Repositorio de programas

Suscríbete nos nosos canais: Archive Spotify Ivoox Feed RSS
Episodio 134
Xoves, 6 Febreiro 2025 | Bruno Acabado, Jorge Teixeira

Mancomún podcast – HackUDC

O 21, 22 e 23 de febreiro terá lugar a terceira edición do maior hackathon estudantil de Galicia, HackUDC, na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña. Hoxe falamos con xente de GPUL, asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre e organizadora deste evento. Enlaces mencionados […]

Episodio 133
Xoves, 9 Xaneiro 2025 | Álvaro Theotonio

Mancomún podcast – Datos para as investigacións, con Álvaro Theotonio

De onde sacan os investigadores os datos para facer as súas pesquisas? Intentaremos dar resposta a esta e outras preguntas con Álvaro Theotonio, Psicólogo analista de datos na Universidade Carlos III de Madrid. Enlaces mencionados no programa Álvaro Theotoniohttps://www.linkedin.com/in/%C3%A1lvaro-theotonio-503365227/?originalSubdomain=es R, Webscraping e Open Science. Esquivando balas en Matrixhttps://www.youtube.com/watch?v=M6xH8XymtGMhttps://www.r-users.gal/sites/default/files/xi_xornadar_2024_alvaro_theotonio.pdf As músicas usadas neste programa foron: – […]

Episodio 132
Xoves, 12 Decembro 2024 |

Mancomún podcast – Hackatón Cuac FM

O sábado 30 de novembro, GPUL e CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, organizaron un hackathon para mellorar Radioco, a aplicación de gravación e difusión de podcasts desta radio. Radioco é unha ferramenta de software libre creada por Iago Veloso usada actualmente por CUAC e que serve para gravar, arquivar e publicar o historico […]

Episodio 131
Xoves, 28 Novembro 2024 | Sebastián Ríos

Mancomún podcast – Deseño e migracións, con Sebastian Ríos

Hoxe imos facer un percorrido da man de Sebastián Ríos polo mundo do deseño con ferramentas libres. Sebas traballa en Arquitectura Albela, un estudo onde, xunto coas súas dúas compañeiras, realiza tarefas de todo tipo, aínda que normalmente encárgase sobre todo de realizar os cálculos de estruturas, os orzamentos das obras e os deseños 3D. […]

Episodio 130
Xoves, 17 Outubro 2024 | Jonathan Chacón

Mancomún podcast – Accesibilidade con Jonathan Chacón

Novo episodio de Mancomún podcast sobre software libre e cultura aberta. Hoxe temos o pracer de conversar con Jonathan Chacón, desenvolvedor especializado en accesibilidade, usabilidade e novas tecnoloxías, que nos contará a importancia de facer que a tecnoloxía sexa inclusiva para todas as persoas, sen importar as súas capacidades. Acompáñanos nesta charla para descubrir como […]

Episodio 129
Mércores, 4 Setembro 2024 | Sergio Villar

Mancomún podcast – Wolvic, navegador aberto para XR

Wolvic é un navegador de código aberto que permítenos acceder á web, incluíndo xogos inmersivos, vídeos e contornas deseñadas para Realidade Virtual e Realidade Aumentada ou Extendida. Hoxe contamos con Sergio Villar, Enxeñeiro de Software e socio en Igalia. Con Sergio aprenderemos sobre esta tecnoloxía e como acceder a estas realidades alternativas da mellor forma. […]

Episodio 128
Xoves, 1 Agosto 2024 | Adrián Casanova

Mancomún podcast – Software libre, o motor da Xenómica, con Adrián Casanova

No campo da Bioinformática necesítanse un gran abanico de aplicacións para operar con toda a información que se necesita procesar. Por sorte para os investigadores, existe unha gran cantidade de aplicacións de software libre que se poden usar neste e noutros campos da ciencia, de forma totalmente libre. Hoxe veremos algunhas destas ferramentas co Biólogo […]

Episodio 127
Xoves, 11 Xullo 2024 | Álex Hermida

Mancomún podcast – PyConEs Vigo 2024

A PyConES é unha das conferencias de Python máis importantes de España. Este ano terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro en Vigo. Un evento que reunirá a centos de entusiastas de Python, cunha axenda incrible na mellor localización posible. Hoxe contamos con Álex Hermida, un dos organizadores do evento, para saber […]

Episodio 126
Xoves, 20 Xuño 2024 | César García

Mancomún podcast – Modelos libres de IA, con César García de “La hora Maker”

Cada vez aparecen máis e máis modelos chamados libres ou abertos en Intelixencia Artificial. Grandes empresas como Meta, Apple ou Microsoft únense a esta corrente liberadora, pero case sempre usando o termo libre, de forma pouco ortodoxa. Hoxe contamos con César García, ao mellor coñécelo máis na súa faceta de docente, investigador ou conferenciante, ou […]

Episodio 125
Xoves, 6 Xuño 2024 | Rafael Gayoso

Mancomún podcast – Guía de liberación de proxectos universitarios

O CIXUG (Consorcio Interuniversitario de Galicia), publicou unha guía para a liberación de traballos universitarios. O propósito desta guía é alentar aos estudantes a que liberen e compartan os seus traballos universitarios. Baseándose na premisa de que o coñecemento potenciase ao ser compartido, a liberación de traballos por parte das persoas que forman a comunidade […]

Podcast

Contido do portal en formato sonoro e entrevistas ás persoas relevantes no mundo do software libre.

Esta sección busca achegar coñecemento á comunidade a través de conversas en profundidade con profesionais de diferentes eidos: Jitsi, Matrix, Etherpad, Taiga, Framadate, Drawpile, Bitwarden, Guacamole,… pero tamén teletraballo, recursos desenvolvidos en software libre, reportaxes sobre eventos…

Cada mes unha nova pílula de coñecemento. ¡Subscríbete para non perder ningunha!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal