Novas

A Xunta destina preto de 270.000 euros á mellora da competitividade das empresas da área de Pontevedra a través do Bono Consolida Economía Social

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o hotel Olivo de Reis, no concello de Caldas de Reis para informar sobre o Bono Consolida Economía Social. 

Trátase dunha iniciativa que beneficiou 16 entidades da área territorial de Pontevedra por un importe de preto de 270.000 euros na última convocatoria e que ten como obxectivo apoiar a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a competitividade de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego 

A Xunta destaca o apoio ao labor integral do colectivo de autónomos cun investimento de 42 M€ dentro do seu papel como administración facilitadora

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe en Santiago de Compostela o establecemento O Pan do Barrio, que resultou beneficiario o ano pasado dunha axuda do programa de promoción do emprego autónomo para impulsar o inicio e mantemento da súa actividade de venda de pan e produtos de panadería. Alí estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e puxo de relevo o papel da Xunta como Administración facilitadora e dentro del o apoio ao labor integral dos autónomos.

A Xunta pon en marcha en Baiona un proxecto piloto para deseñar estratexias locais de economía social aliñadas coas necesidades do territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada participativa celebrada en Baiona no marco do proxecto piloto impulsado pola Xunta para a elaboración de plans locais de economía social en distintos concellos galegos. O encontro reuniu axentes sociais, económicos e comunitarios do municipio co obxectivo de coñecer a súa visión sobre a economía social e avanzar en conxunto na definición do futuro Plan Local de Economía Social de Baiona.

O LIES_GA organiza unha charla en liña sobre ciberriscos para fortalecer a seguridade dixital

O Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia (LIES_GA) organiza a charla en liña “Ciberseguridade na economía social: protexendo o futuro dixital – Ciberriscos: a que nos enfrontamos”, que terá lugar o 29 de xaneiro, de 10:00 a 12:00 horas.
 

A Xunta reafirma o pulo á economía social como motor socioeconómico cunha nova convocatoria do certame ‘Cooperativismo no Ensino’ e dos ‘Premios á Cooperación’

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria unificada correspondente ao ano 2026 do certame Cooperativismo no Ensino e dos Premios á Cooperación, ambas iniciativas destinadas a reforzar a divulgación dos valores cooperativos entre o alumnado dos centros educativos galegos e a poñer en valor o traballo que desenvolven as cooperativas na consolidación deste modelo empresarial.

A Xunta reforza o compromiso coa inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social cunha nova convocatoria de axudas de 1,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa que se promoverá —cun importe de 1,5 M€— a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social mediante incentivos ás empresas de inserción laboral (EI) e ás súas entidades promotoras que teñan centros en Galicia.