Novas

A Xunta salienta o papel do centro especial de emprego Fundación Hospitalarias Betanzos a prol da integración laboral das persoas con discapacidade

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron hoxe o Centro Especial de Emprego da Fundación Hospitalarias Betanzos, que ofrece emprego a arredor dunha vintena de persoas con discapacidade e está especializado nos servizos de lavandería para o sector sociosanitario en Galicia.

Chamada á programación de actividades para a 7ª Semana Universitaria da Economía Social 2026

Tras o éxito das primeiras edicións, coa participación de 40 universidades e máis de 5.000 persoas en 150 actividades na última delas, a Rede ENUIES, de CIRIEC-España, volve convocar aos Centros, Institutos, Cátedras e demais estruturas universitarias de investigación en Economía Social á celebración da 7ª Semana Universitaria da Economía Social, que este ano terá lugar do 23 de febreiro ao 4 de marzo, ambos os incluídos. Serán por tanto 10 días, o que permitirá distribuír e espazar mellor as actividades.

Histórica resolución das Nacións Unidas proclama un Ano Internacional das Cooperativas cada década

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas ha adoptado a Resolución A/RES/80/182, na que recoñece o papel vital das cooperativas na promoción dun desenvolvemento económico e social inclusivo en todo o mundo. Tras o éxito dos Anos Internacionais das Cooperativas de 2012 e 2025, a resolución “solicita a proclamación dun Ano Internacional das Cooperativas cada 10 anos… para fomentar o aproveitamento efectivo do modelo empresarial cooperativo co fin de impulsar o desenvolvemento social e económico”.

A Xunta comezará a titorizar este mes os 15 proxectos seleccionados no marco da aceleradora de economía social que acollerá o Polo de Vilanova

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, onde destacou que este mes de xaneiro se comezarán a titorizar os 15 proxectos seleccionados no  marco da aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que acollerá precisamente o Polo arousán.

A Xunta valora as iniciativas recibidas no marco da aceleradora de economía social impulsada ao abeiro do proxecto transfronteirizo ES-Factory

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, destacou hoxe que se están a valorar as iniciativas recibidas para acceder á aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que se desenvolverá no Polo de emprendemento de Vilanova de Arousa e que está dirixida á formación e asesoramento de dez proxectos de economía social, participantes nun programa formativo complementado con sesións de mentoría especializada.

A Xunta reforzará no 2026 o auxe do cooperativismo coa futura lei para impulsar este sector atendendo ás novas necesidades da economía social

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe de relevo o auxe do cooperativismo galego que, por primeira vez este ano, superou as 2.000 cooperativas activas, o que supón unha suba de arredor do 40% en relación a hai cinco anos. Ademais, destacou que este sector ten un volume global de facturación superior aos 3.000 millóns de euros anuais e que emprega a unhas 78.000 persoas, entre socios e traballadores por conta allea.